Despedida dos menores saharauís que pasaron o verán en Bueu
Por Redacción
Os menores saharauís que participaron este verán da campaña 'Vacacións en Paz' na vila de Bueu volveron este martes ao Concello de Bueu para recibir os diplomas de recordo da súa estancia neste municipio. Tamén foron agasallados con mochilas e unha bandeira.
Os cinco nenos, Lashan Saleh Abidin, Karima Sidi Mohamed Salem, Salamu Brahim Salem Alamin, Fatimetu Suelim Brahim e Mohamed Nafee Baichrat mostráronse moi contentos con esta nova visita despois de que a principios deste mes de agosto xa fosen recibidos no Concello e recibisen xogos educativos e unha bolsa escolar.
Os diplomas entregados este martes prometérallos na súa anterior visita o alcalde para que tivesen unha carta de representación como cidadáns de Bueu.
Ao acto asistiron os concelleiros do goberno Martín Villanueva, Silvia Carballo, Inmaculada Rodríguez e María José Pérez, ademais do alcalde Félix Juncal.
Relacionadas:
-
"Todos los niños saharauis queremos que nuestro país sea libre"
Por Redacción |
-
A provincia acolle 200 menores saharauís, nenos que choran cando arde o "verde" dos nosos montes
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A corporación de Bueu recibe aos nenos saharauis do programa "Vacacións en paz"
Por Redacción |