Sanxenxo atópase entre os destinos vacacionais máis baratos de España
Por Oskar Viéitez
O buscador de prezos de hoteis trivago.es analiza os prezos dos 80 destinos vacacionais máis populares de España para verán. Os datos extráense do estudo tHPI, o estudo mensual dos prezos medios hostaleiros por noite en países, rexións e cidades de España e Europa.
Sanxenxo atópase entre os destinos vacacionais máis economicos cunha media de 98 euros por noite. Puerto de la Cruz é o máis económico xa que aloxarse na localidade canaria costa unha media de 82 euros. Séguenlle Ribadeo (89 euros), Sanxenxo (98 euros) e Zarautz (98 euros) cuns prezos medios que non superan os 100 euros por noite. Tamén ofrecen prezos moi competitivos Torrevieja (112 euros) e Blanes (115 euros).
Curiosamente Portonovo é máis caro que Sanxenxo cun prezo medio de 109 euros por noite.
En comparación con agosto de 2016, Sanxenxo experimentou unha subida nos prezos dun 10%, mentres que en Portonovo disparáronse os prezos un 29,76%.
Destinos das Illas Baleares e Andalucía aparecen entre os máis caros sendo Platja d'en Bossa (Eivissa) o que ofrece o prezo medio máis alto, 380 euros. Por baixo, atópanse outros destinos das Baleares, como Puerto de Alcudia (258 euros); e de Andalucía, como Zahara de los Atunes (314 euros) ou Estepona (270 euros). O destino canario de Costa Adeje tamén presenta un elevado prezo medio este mes, 267 euros por noite.