Os servizos municipais de Xuventude, Educación e Mercados múdanse á Casa da Luz
Por Oskar Viéitez
A Casa da Luz remodela e acondiciona o último andar para acoller aos servizos de Xuventude (agora na Casa Azul), Mercados e Educación (hoxe no Teatro Principal).
Ademais reordenará os espazos do primeiro andar de tal xeito que habilitaranse dúas salas de xuntas e desprazarase de sitio o despacho da concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías.
A incorporación dos novos servizos á Casa da Luz enmárcase na reestruturación e agrupamento dos servizos municipais que está en marcha mais tamén profunda na estratexia do departamento dirixido por Anabel Gulías de darlle uso a todo o edificio e convertelo nun centro referente do dinamismo da cidade, aberto a iniciativas económicas e sociais de todo tipo.
Hoxe en día, a Casa da Luz é sede das áreas de Turismo, de Promoción Económica, da Film Comission e da Fundación Amigos da Galicia.