Feridas tres persoas nun choque por alcance en Sanxenxo
Por Redacción
Unha colisión entre dous vehículos rexistrada en Sanxenxo saldouse con tres persoas feridas. O sinistro rexistrábase nunha intersección da estrada PO-308, en Areas, na parroquia de Dorrón.
Un particular alertaba ao Servizo de Emerxencias do 112 Galicia ao redor das 13.50 horas deste mércores para dar aviso do accidente.
Desde o 112 Galicia alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Salnés. Tamén se informaba ao GES de Sanxexno e á Garda Civil de Tráfico.
As tres persoas feridas foron trasladadas en ambulancia a un centro hospitalario.