Os protagonistas deste programa son futbolistas. Aínda que sobre o céspede militan en equipos diferentes, no papel comparten aliñación. Hugo Sanmartín e Pablo Piñeiroasinan "De tu corazón a mi libro". Roldan a trintena. Un meme da internet foi a orixe da idea: escoitar a todas aquelas persoas que lles quixesen contar as súas vivencias de amor e que postos á práctica, resultaron ser tamén de desamor en maior medida.
Durante cinco meses estiveron a recompilar testemuños. Diante da súa cámara, o seu micrófono e un roll co lema "Escoito historias de amor gratis", pasaron nenos, novos e maiores; non só de Galicia, senón do resto de España e o estranxeiro. Fixéronse cunhas trescentas historias das que dezaoito conformaron "De tu corazón a mi libro" tras conseguir o apoio económico mediante crowdfunding.
"A xente ten unha necesidade moi grande de ser escoitada" di Hugo. Rechamante evidencia nunha sociedade como a actual na que "temos os medios para falar, pero non a valentía" engade o vigués. Está claro que a estas alturas aprenderon moito sobre o amor e o desamor: "o núcleo é o mesmo, aínda que a secuencia cos anos é totalmente diferente". Non só se instruíron nestes sentimentos, "temos unha masterclass da vida".
Hugo e Pablo suman máis de 4.200 seguidores no seu perfil de Facebook "De tu corazón a mi libro", que "alimentan" a diario. Retoman xa a promoción do libro, acaban de iniciar a pretemporada futbolística e atenden os seus compromisos profesionais á marxe do fútbol .
Isto último, precisamente, fixo imposible que Pablo Piñeiro acompañáranos neste Cara a cara de PontevedraViva Radio. Concretamente a súa incorporación ao reparto da serie "Pazo de familia" que emite a TVG. E o outono avecíñase "quente": Hugo ten xa na editorial "El chico de las nueces" e o poemario "Mi dulce rincón".