Hambre de tapas en Ponte Caldelas
Por Redacción
La tercera edición del concurso gastronómico Caldelas Tapas arrancó con mayor fuerza que nunca. El certamen, que se celebra en las noches de viernes del mes de julio, se estrenó con una cifra récord de más de 2.000 tapas vendidas en una sola jornada.
Al Caldelas Tapas se sumaron este año 16 locales de hostelería y, como es habitual, la mayor animación en esta primera noche se registró en el ámbito urbano, aunque ya comenzaron a llegar comentarios sobre las bondades de las tapas que se están sirviendo en algunos de los establecimientos menos céntricos.
El cartel del concurso sirve de guía y roteiro a una clientela que, en el próximos viernes, irá degustando las especialidades que ofrece cada local. La organización estima que de mantenerse este ritmo todo indica que se superarán muy holgadamente las más de 5.000 tapas consumidas en la segunda edición del Caldelas Tapas.
El Caldelas Tapas descansará el próximo viernes, por mor de la coincidencia con la II Fiesta Gastronómica de la Emigración, en la que la Alameda acogerá 12 establecimientos de restauración que ofrecerán platos típicos relacionados con los países de la diáspora gallega.
Fame de tapas en Ponte Caldelas
Boa parte dos 16 locais participantes quedaron sen existencias antes das 11 da noite e algúns alcanzaron a cifra de 300 tapas
A terceira edición do concurso gastronómico Caldelas Tapas arrancou con maior forza que nunca. O certame, que se celebra nas noites de venres do mes de xullo, estreouse cunha cifra récord de máis de 2.000 tapas vendidas nunha soa xornada.
Ao Caldelas Tapas sumáronse este ano 16 locais de hostalería e, como é habitual, a maior animación nesta primeira noite rexistrouse no ámbito urbano, aínda que xa comezaron a chegar comentarios sobre as bondades das tapas que se están a servir nalgúns dos establecementos menos céntricos.
O cartel do concurso serve de guía e roteiro a unha clientela que, nos próximos venres, irá degustando as especialidades que ofrece cada local. De manterse este ritmo todo indica que se superarán moi folgadamente as máis de 5.000 tapas consumidas na segunda edición do Caldelas Tapas.
O Caldelas Tapas descansará o próximo venres, por mor da coincidencia coa II Festa Gastronómica da Emigración, na que a Alameda acollerá 12 establecementos de restauración que ofrecerán pratos típicos relacionados cos países da diáspora galega.