Case 130.000 euros para mellorar 193 quilómetros de sinalización en estradas do Salnés
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra destinará 129.932,36 euros a executar un total de 193,6 quilómetros de sinalización nas estradas provinciais da comarca do Salnés.
Segundo anunciou o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, a institución provincial está a traballar esta semana no pintado da nova sinalización horizontal nas estradas, uns traballos contratados no marco do plan de mellora da sinalización horizontal promovido pola Deputación, pensado para pintar liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados e pasos de peóns en estradas que nunca tiveron marcas viarias e renovar o pintado nas que están desgastadas polo paso do tempo e o uso.
A previsión é actuar en 22 vías da comarca do Salnés, catro (21,8 quilómetros) en Cambados, una no Grove (5,8 quilómetros.), cinco en Sanxenxo (50,8), dúas en Meaño (26,8), catro en Meis (63), tres en Ribadumia (12), unha en Vilagarcía (4,9) e dúas en A Illa de Arousa (7,8).
Na última semana a empresa adxudicataria estivo a traballar na estrada EP-9402 Mosteiro-Barrantes, na EP-9405 Sanxenxo-Meaño en Meis, na EP-9505 do ramal da igrexa de Barrantes en Ribadumia e na EP-9802 da estrada das Aceñas na Illa de Arousa.
Dada a climatoloxía prevista para os próximos días realizaranse traballos de replantexamento noutras estradas e despois entrarase na comarca de Caldas.
O citado plan de mellora beneficiará a 226 estradas de titularidade provincial, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede da Deputación e foi adxudicado en catro lotes por un total de 1.409.319 euros. É unha peza máis da aposta da Deputación pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave.
Relacionadas:
-
Preparan unha nova sinalización para 1.200 quilómetros de estradas provinciais
Por Redacción |
-
A Deputación renovará a capa de rodadura en catro estradas do Salnés
Por Redacción |
-
Sanxenxo amplía a sinalización das praias do municipio
Por Diego Espiño |
-
Amplían a zona azul en Sanxenxo e Portonovo para regular os aparcamentos no verán
Por Redacción |
-
Achega de 160.000 euros para a humanización da rúa Castelao no Grove
Por Redacción |
-
A Deputación inicia o plan de "lombos" en Marín
Por Redacción |
-
A Deputación destina 4,4 millones de euros á rehabilitación de firmes nas estradas provinciais
Por Redacción |