O Grove retira un farol da Rúa Pratería que xunto unha terraza non deixaba pasar aos coches
Por Redacción
Este luns procedeuse a retirada do farol e a base de pedra que se atopaba na Rúa Praterı́a coa finalidade de mellorar o acceso a esta rúa.
O incremento das terrazas tiña causado problemas de accesibilidade tanto para os vehı́culos autorizados como para os peóns. Deste xeito procedeuse a modificar a iluminación instalando farois colgantes e a Policı́a Local delimitará o espazo máximo que poden ocupar as terrazas deixando un carril habilitado para vehı́culos de emerxencia e acceso a garaxes.
As modificacións realı́zanse buscando a mellor convivencia posible entre os veciños da rúa e as terrazas, que resultan fundamentais para dinamizar a zona.
Ao tratarse de modificacións menores estarán rematadas nesta mesma semana sendo xa de aplicación para o comezo da temporada alta.