Barro despide cunha cata a Festa do Viño
Por Diego Torrado
A edición número 38 da Festa do Viño de Barro despediuse este domingo despues de catro días cheos de actividades.
Antes de que o grupo A Roda puxese o broche de ouro á celebración nun concerto xunto á Banda Xuvenil de Barro, desenvolveuse a cata de albariños Rías Baixas coa posterior entrega dos premios.
O primeiro premio na categoría Rías Baixas do XII Certame de Viños da Denominación de Orixe Rías Baixas da Festa do Viño de Barro foi para a adega Señorío de Rubiós. O segundo e terceiro premio do certame obtivérono a Adega Moraima, de Barro, e Pazo da Bouciña.
Pero a xornada dominical tamén incluíu un certame de pintura rápida e a concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas.
Ademais houbo sardiñada popular nunha cita amenizada polo grupo de danzas Amor Ruibal e unha charanga.