Nova chamada da patronal para buscar un acordo de última hora que evite a folga da alimentación
Por Anxo Lourido
Mañá. sábado, ás dez da mañá, os sindicatos e a patronal da alimentación volverán reunirse en Vigo para intentar alcanzar algunha solución antes de que o luns comece a folga prevista para toda a Semana Santa.
A reunión foi solicitada ao Xefe provincial da Inspección de Traballo, José María Casas de Ron, polos representantes da patronal.
O punto de arranque para esta reunión, segundo anuncian os sindicatos, ten que ser o mesmo que alcanzaran na reunión deste mércores 20 cando a negociación se rompeu ao tratar o tema do período de lactación que se debía recoller no convenio colectivo.
Durante as últimas horas producíronse contactos entre os representantes dos grandes grupos afectados por este convenio como Froiz, Gadis, Lidl, Hiperxel ou Moldes cos responsables dos pequenos establecementos que son os que máis dificultades están a presentar para alcanzar un acordo.
Os representantes sindicais agardan que na reunión deste sábado poida haber un avance importante que permita suspender a folga. O domingo, os traballadores están chamados a unha asemblea no salón do actos do edificio sindical de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Semana Santa empeza con folga de alimentación ao romper todos os intentos de negociación
Por Natalia Puga |
-
Froiz perderá arredor de medio millón de euros diarios coa folga da alimentación
Por Anxo Lourido |
-
Rómpese a mediación e en Semana Santa haberá folga no sector da alimentación
Por Anxo Lourido |