Sufocan un incendio forestal na praia de Lapamán
Por Oskar Viéitez
Un pequeno lume forestal levantou as alarmas dos bañistas que se atopaban este luns na praia de Lapamán, entre Marín e Bueu.
O lume e iniciou pouco antes das catro da tarde nun noiro que dá á praia, moi preto dun chalé.
Un particular avisou ao 112 que alertou aos bombeiros do Morrazo que en pouco tempo sufocaron as chamas controlando a situación.
O incendio provocou unha gran fumareda.