Instauran o sentido único no vial de acceso á praia de Aguete
Por Redacción
Co comezo da tempada de verán, e igual que en anos anteriores, o Concello de Marín establecerá o sentido único de circulación en todo o vial de praias, dende Portocelo a Gago de Mendoza, no período do 15 de xuño ao 15 de setembro.
Os condutores que utilicen o vial de praias de Marín deberán ter en conta que no tramo comprendido entre Bagüín e a rúa Gago de Mendoza en Aguete deixará de ser de dobre sentido de circulación.
A medida pretende dar unha maior fluidez e seguridade no tráfico viario.
Ao mesmo tempo, establécese sentido único dende a PO-551 (quilómetro 2,900) ata o vial de praias (excepto residentes), así como prohíbese o acceso (excepto residentes) dende o vial de praias ao camiño Morquena.