Marín ponse ao choio para arrombar as súas praias de cara o verán
Por Redacción
O inminente inicio da campaña estival levou ao Concello de Marín a acelerar os traballos para que as praias do municipio presenten o seu mellor aspecto ante a chegada dos bañistas.
As altas temperaturas farán que a afluencia de usuarios sexa cada vez maior e desde a área de medio ambiente e turismo está a traballarse para que a finais deste mes as praias conten con todos os servizos.
Nos últimos días adxudicáronse todos os servizos, entre eles quioscos nas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo e táboas de paddle surf e canoas en Aguete.
Ademais, están a realizarse labores de roza e limpeza nos accesos aos distintos areais e no propio viario de praias.
Outra das melloras que se están realizando nos areais é o balizamento das praias. Trátase de separar a zona de baño cunha canle de entrada e que as embarcacións e motos náuticas non accedan ás zonas máis que por unha canle separada.
Os traballos realizáronse ao longo da pasada fin de semana, polo que están xa practicamente finalizados.
Para completar esta actuación, o Concello de Marín realizará nun prazo de dúas semanas as probas para a posterior contratación de socorristas en todas as praias.
O tribunal xa está designado e en breve procederase á realización das probas físicas e teóricas por parte dos aspirantes.
Relacionadas:
-
Marín xa presume de bandeiras azuis
Por Redacción |
-
Leiraparking de balde na praia de Aguete
Por Oskar Viéitez |
-
Instauran o sentido único no vial de acceso á praia de Aguete
Por Redacción |
-
Marín contratará 24 persoas para vixiar as súas praias no verán
Por Redacción |
-
Marín terá desfibriladores nas súas praias
Por Redacción |
-
Comezan os traballos de roza na zona de praias de Marín
Por Redacción |