O Pazo da Crega acollerá este domingo a primeira edición do mercado ecolóxico
Por Oskar Viéitez
O domingo 11 de xuño o Pazo da Crega acollerá a primeira edicíón do mercado ecolóxico EcoBarro Lóxico. Este tipo de iniciativas están a ter un crecemento constante grazas ao interese mostrado polos consumidores por unha alimentación máis saudable e tamén por ter a posibilidade de atopar estes produtos en mercados de proximidade, onde se coñece ao produtor e vese a calidade do produto.
Ao redor de 40 expositores de produtos alimentarios certificados, artesanía galega de autor e moda sustentable acudirán a esta cita que conta co apoio do Concello nunha aposta clara pola economía local.
O domingo comezará o mercado ás 11 da mañá. Aqueles que se acheguen ata o Pazo da Crega poderán atopar produtos como pan ecolóxico, queixo, mel, repostería, xeados, embutido de porco celta, aceite, cosmética natural, así como artigos de artesanía en pel, cerámica, madeira ou xoiería. Por suposto tamén haberá moda sustentable con deseños de roupa e complementos orgánicos.
O xantar está previsto a partir das 13 horas cun menú que inclúe: polbo, mexillóns, choco, berberechos e anguía en diversas preparacións.
Complementando a exposición e venda organizáronse talleres de plantas aromáticas, demostracións e degustacións gratuítas e mesmo unha actuación teatral a cargo dá actriz María Carreira.