Os cursos de educación viaria que oferta o Concello son coñecidos polos alumnos do CEIP Ponte Sampaio. Estes días, os alumnos de quinto e sexto visitaron o parque móbil de Mollabao e contáronnos a experiencia. Desde logo, a parte máis exitosa da experiencia práctica ten quorum: os karts. A parte teórica, tamén a aprenderon debidamente, sendo "o mosquito" o máis lembrado entre todos.
É un dos temas que compartiron nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio, xunto a dous dos seus profesores: Avelino Caballero e Sergio Meis. Os adultos explícannos a importancia de ofrecer a estes menores materias transversais como esta; ou que aprendan a debater cos múltiples beneficios que lles reporta. Neste curso participaron en tres deles, e tamén nolo contan.
Letras e ciencia, porque de igual forma tomaron parte en PonteCiencia. E para completar estas Conversas na Ferrería, explícannos en que consistiron e de que tratan as súas iniciativas.
Non son todos os que están, pero a charla con Hugo Muiños, Anxo Carral, Erika Martínez, José Ramón Patiño, Iker Lorenzo, Adam Barcawi, Antía y Uxía Pinto, Jhoana Pérez, Micaela Rodríguez, Nerea Bea, Edurne Fajardo, Paula Reguera y Pablo Ledo, foi un gustazo.