Piden que Marín prohiba os circos con animais
Por Redacción
Sandra Pesqueira, concelleira do grupo Marea Marín-Son, anunciou que presentará unha moción no vindeiro pleno municipal para reclamar que o Concello de Marín prohiba a instalación de circos con animais salvaxes en catividade.
Sinala no escrito que a vila se atopa no circuíto que establecen algúns destes espectáculos itinerantes e afirma que estes animais sofren malos tratos ao extirpárselles as garras e dentes, ademais de estar sometidos a crueis adestramentos baseados nos malos tratos físicos con restrición de auga e de comida.
A concelleira tamén asegura que tigres, leóns e outras especies pásanse gran parte da súa vida atados ou encerrados en gaiolas nas que apenas poden virar cando estes animais en liberdade percorren habitualmente decenas de quilómetros ao día.
Considera que os menores que asisten a estes espectáculos descoñecen os malos tratos que existen detrás desta actividade, polo que entende que é necesario que as distintas administracións públicas velen para que se supriman estas prácticas.
A moción reclama que se prohiba a instalación de circos que utilicen animais do mesmo xeito que a exhibición de animais salvaxes en catividade, xa sexa en instalacións itinerantes, na vía e noutros espazos públicos ou centros comerciais. Tamén se pide ao Concello que inste o goberno da Xunta de Galicia para que estas prohibicións esténdanse a toda a comunidade.