Restricións de tráfico na ría como motivo da Parada Naval Militar
Por Oskar Viéitez
Ante a celebración da Parada Naval Militar na Ría de Pontevedra, a Capitanía Marítima emitiu un edicto restrinxindo a navegación na ría desde as 10,40 horas ata as 11,40 horas do venres 2 de xuño para os buques de máis de 20 metros de eslora.
Esta restrición terá efecto tamén este xoves no mesmo horario con motivo do ensaio dos actos.
CHEGADA DE ELCANO
O buque-escola "Juan Sebastián de Elcano" atracará este xoves 1 de xuño, ás 10.00 horas, no "Peirao de Torpedos" da Escola Naval Militar (ENM).
O bergantín goleta da Armada Española será recibido polo comandante-director da Escola Naval Militar, a banda de música da ENM, familiares e amigos da dotación e guardiamarinas.
Así mesmo, a Armada anima ás embarcacións que o desexen a acompañar ao veleiro no seu movemento desde as inmediacións do punto de fondeo, á altura da illa de Tambo, ata o peirao de atracada na ENM.
Permanecerá en Marín do 1 ao 4 de xuño, participando o día 2 nos actos de conmemoración do 300 aniversario da Real Compañía de Guardiamarinas na Escola Naval Militar. Despois continuará co LXXXIX Cruceiro de Instrución, para regresar o 12 de xullo á ENM, onde desembarcarán os gardamariñas.
Durante a súa estancia realizarase unha xornada de portas abertas o día 3 cos seguintes horarios: De 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas.