Habilitan buses gratuítos para a asistencia ao programa de detección do cancro de mama
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cerdedo-Cotobade vai habilitar un servizo gratuíto de transporte a través de autobuses para que as mulleres maiores de 50 anos do municipio poidan desprazarse con comodidade ata Pontevedra para a súa participación no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama.
Esta campaña, impulsada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) da Consellería de Sanidade, comezará o vindeiro xoves, 1 de xuño.
O obxectivo desta iniciativa pasa por facilitar o acceso á unidade de exploración mamográfica, que se atopa no centro de saúde da Parda, na cidade de Pontevedra. Así, poñerase a disposición das pacientes un autobús gratuíto que sairá da rúa da Constitución de Cerdedo ás 8.15, 10.45 e 12.30 horas atendendo aos días nos que o Sergas sitúe as exploracións. As mesmas serán comunicadas por carta.
Esta campaña, dirixida ás mulleres de entre 50 e 69 anos de idade, tamén ofrece a posibilidade de que, aquelas que no reciban ningunha comunicación de Sanidade, pidan unha cita previa a través do teléfono 981 141 414.
Relacionadas:
-
O novo mamógrafo dixital da Parda permitiu a detección precoz de nove casos de cancro de mama
Por Redacción |
-
Cales son os efectos do cancro sobre o mundo laboral feminino?
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Un ano despois do cancro, a mariscar: "Esperan a que morra afogada. Unha pensión menos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O programa de detección precoz do cancro de mama explorou en 2015 a máis de 4.300 pontevedresas
Por Redacción |
-
O equipamento radiolóxico dos centros sanitarios de Pontevedra e O Salnés vai ser actualizado
Por Redacción |