Ferido o conserxe do CEIP Príncipe Felipe tras caer dunha altura de cinco metros
Por Redacción
O conserxe do CEIP Príncipe Felipe resultou ferido tras sufrir este martes un accidente laboral. Precipitouse desde unha altura de cinco metros.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as nove da mañá.
O home, explicaron os servizos de emerxencia alí desprazados, subiu ao tellado do centro para coller un balón cando se precipitou ao chan.
A vítima, que non perdeu a consciencia en ningún momento, foi trasladada a un centro hospitalario de Pontevedra, onde evoluciona favorablemente.
Os feitos, ademais do 061, puxéronse en coñecemento da Policía Nacional, a Policía Local e Protección Civil de Pontevedra.