O cruceiro centenario de Meis que esnaquizou o carteiro
Por Oskar Viéitez
Os veciños de Meis recuperaron o cruceiro de Quintáns, que esnaquizou hai un ano un carteiro nun accidente de tráfico ocorrido no 11 de agosto de 2015. A cruz foi golpeada e caeu partíndose a columna coa imaxe da Virxe das Angustias e a cruz, e algúns fragmentos apenas miden uns 20 centímetros.
O cruceiro atópase en metade da vía e carece de calquera tipo de medida de protección polo que se atopa moi exposto aos accidentes.
Precisamente o alcalde de Meis, José Luis Pérez solicitou a autorización de Patrimonio para instalar uns pivotes ou un resalto similar a unha beirarrúa a modo de defensa. Pero na Xunta non permitiu eses engadidos, ao considerar que desvirtuarían o aspecto orixinal da obra.
Outra opción sería mover o cruceiro pero desde un principio os veciños descartaron este cambio de localización.
O motivo é que o cruceiro marca o límite entre dúas parroquias, San Salvador de Meis e San Vicente de Nogueira.