As entidades veciñais de Escuadra e Xesta reciben máis de 21.000 euros da Xunta
Por Redacción
Os proxectos de acción comunitaria presentados por entidades veciñais de Escuadra e Xesta contarán cunha subvención da Xunta de Galicia que alcanzarán os 21.352,89 euros, segundo puido saber o Concello da Lama de responsables da administración autonómica.
Desta maneira, a Comunidade de Usuarios de San Lourenzo de Escuadra poderá levar a cabo a execución dos traballos para o aproveitamento de augas para uso doméstico cun investimento que roldará os 12.000 euros.
Mentres, a Asociación Veciñal e Cultural de San Lourenzo de Liñares (Xesta) recibirá unha axuda de 9.352,89 euros para dotar de aseos o campo de festas de Liñares, unha demanda que levaban realizando os veciños do lugar, sobre todo persoas maiores, que vían este investimento como moi necesaria.
Pola súa banda, o alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, destacou a importancia desta liña de axudas para poder levar a cabo proxectos de acción comunitaria moi demandados polos veciños e que ata hai pouco viña cubrindo o PAC da Deputación de Pontevedra, pero que "lamentablemente o bipartito eliminou condeando a moitas asociacións de veciños, usuarios de augas e entidades culturais a non recibir axuda para acometer obras ou actuacións necesarias e que doutro xeito non se poderían facer".
"Agora con esta medida paliativa tomada pola Xunta devolve a posibilidade aos veciños de poder dar solucións a problemas concretos que sufren a diario e que doutro xeito non se poderían acometer", sinalou o alcalde.