O BOE anuncia a licitación do Local de Música de Pontevedra por máis de 375.000 euros
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial del Estado vn de publicar o anuncio de licitación do Local de Música, situado na rúa Otero Pedrayo. O Concello de Pontevedra incrementou en máis de 100.000 euros o orzamento para a súa xestión para os vindeiros catro anos coa posibilidade de dous anos máis de prórroga.
O orzamento é de algo máis de 375.000 euros por catro anos. Esta contía é sensiblemente superior aos 71.000 euros anuais cos que se xestiona na actualidade.
A intención do goberno municipal, como explicou no seu día o concelleiro Demetrio Gómez, anterior responsable de Xuventude, é "dar un salto de calidade e mellorar o servizo".
Non se van a ampliar as instalacións (dispón de tres salas de música), preténdese continuar renovando o material que fose necesario, mellorar o mantemento da instalación ao incorporar un dinamizador a tempo completo e, cando menos, un técnico de son a tempo parcial -agora carécese del-; tamén se quere ter un novo plan de xestión cun enfoque metodolóxico do local, un plan estratéxico que marque os obxectivos, un plan de comunicación, un plan de recursos e unha estratexia de seguimento de tal xeito que se pongan solucións a problemas actuais como a xestión das salas de música (a través das redes, por exemplo).
Ademais, preténdese acadar a profesionalización dos grupos do Local de Música, por iso se lle esixirá á empresa adxudicataria un proxecto específico para dinamizar os grupos de Pontevedra convocando un número mínimo de concertos; elaborando un plan de dinamización de redes ou a promoción da música emerxente, entre outras cuestións.
A aposta da Concellaría de Xuventude polo Local de Música é decidida ante o salto xeneracional que acaba de vivir o local, e tendo en conta que xa está convertido nun centro de social xuvenil, que ten aspiracións de seguir crecendo na cidade.
Relacionadas:
-
Bandas emerxentes de Pontevedra xuntaranse no Teucro para un novo 15 Bolos
Por Alejandro Espiño |
-
O PP denuncia que o Concello "continúa engrosando" a lista de servizos privatizados
Por Redacción |
-
Interésache xestionar o Local de Música de Pontevedra?
Por Redacción |
-
O Concello busca dar un "salto de calidade" co Local de Música
Por Redacción |