A tempada de pesca do salmón no Lérez arranca o 1 de maio
Por Oskar Viéitez
Este luns 1 de maio comeza a campaña de pesca do salmón, que concluirá o 31 de xullo. En 2016 foron capturados 180 exemplares nas augas galegas, cifra moi próxima á da época de maior apoxeo, a década dos oitenta, cando había preto de 200 capturas ao ano.
Segundo informou a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, os ríos salmoneros "están a piques de alcanzar a poboación de hai 30 anos".
A pesar deste bo dato, Mato recalcou que "é necesario esperar aínda uns anos" para "afirmar con garantías que está recuperado", polo que apelou á "prudencia".
Así, a Xunta reduciu este ano o tope de capturas durante toda a tempada a dez salmóns no coto pontevedrés. Na campaña de 2016 eran 15 exemplares os que os pescadores puideron capturar, en conxunto, no mesmo lugar. Ademais, cada afeccionado só poderá pescar un exemplar ao día e cunha talla mínima de 40 centímetros.
O río Lérez só dispón de 3,9 quilómetros nos que está permitida a pesca do salmón. Trátase do tramo comprendido entre a presa de Ence ata o pantalán da ponte dos Tirantes.