A Xunta e a Deputación darán una resposta consensuada ás melloras de material dos bombeiros provinciais
Por Redacción
O Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento celebrou este xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. No marco da sesión, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia acordaron a creación dunha comisión técnica para dar resposta conxunta e consensuada en materia de emerxencias ás necesidades que ten pendentes a provincia.
Esta comisión técnica conxunta tamén vai servir para decidir o futuro dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
O pleno deu conta do resultado presupostario a 31 de decembro de 2016 de 643.099,13 euros, do estado de remanente de tesourería de 3.562.840,08 euros e dos fondos líquidos de 3.561.587,96 euros. A débeda a 31 de decembro de 2016 situouse en cero euros
Finalmente deuse conta do inicio do expediente para a contratación do suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal na prestación do servizo, cuxo importe ascendería a 101.579,50 euros.