Novos lombos en Marín
Por Redacción
Este martes están a realizarse as obras consistentes na instalación de dúas lombos en dous sitios estratéxicos do municipio de Marín que foron demandados reiteradamente polos veciños desta contorna e que pretenden facer minorar a velocidade antes dunha curva, onde xa se produciron varios accidentes e nunha zona próxima a un centro escolar como é o do Grupo.
Trátase da subida do Forte, detrás da gasolineira, e outro na rúa Concepción Arenal á altura da rúa Inferniño.
Son dous pasos de peóns complicados aos que se pretende coa redución dos bordos das beirarrúas e a instalación do reductor ou lombo conseguir esa mellora en seguridade viaria e a mellora na atenuación das velocidades.
Por outra banda, desde o Concello de Marín informaron que nos próximos días levará acabo tamén o pintado das liñas de aparcadoiro e zonas da calzada nalgunhas zonas do centro urbano que se atopan moi deterioradas entre outras na rúa da Estrada.
Acométese ademais un pintado dos farois máis deteriorados que se atopan na franxa desde o Concello na Avenida de Ourense para tratar de que a deterioración non vaia a máis e tratando de que teñan unha mellora substancial nas súas estruturas que permita que poidan estar en mellores condicións, deterioración producida polo paso do tempo, a corrosión e os cambios do tempo, tanto do frío como a calor.