Sanxenxo di Willkommen aos estudantes austríacos
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Educación, Paz Lago, recibiu este sábado a un grupo de estudantes austríacos que estes días atópanse no municipio tras realizar un intercambio con alumnos do IES Sanxenxo.
Son 23 mozos chegados desde Salzburgo, ademais de tres dos seus profesores.
En virtude desta iniciativa, un grupo de estudantes sanxenxinos gozaron dunha estancia en Austria o pasado mes de febreiro.
Foi entre os días 2 e 9 de febreiro, 24 alumnos e alumnas de 4º da ESO, acompañados de dúas profesoras, viaxaron á localidade austríaca de Seerkirchen (situada a 20 km. de Salzburgo) en réxime de intercambio con familias dese país.
Durante ese tempo realizaron numerosas actividades, visitaron distintos lugares coma Salzburgo, as minas de sal de Altaussee ou a vila de Hallstatt. Ademáis compartiron experiencias persoais e académicas con rapaces daquel país.