A canceira de Poio solicita a súa inscripción no rexistro de animáis salvaxes e en catividade
Por Redacción
Para cumprir cos requisitos deste tipo de centros de recollida de animáis abandoados, o Concello de Poio vai solicitar a inscripción da canceira no rexistro de animáis salvaxes e en catividade da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Dita inscripción garante que as instalacións cumpren coa normativa de sanidade animal, e que as instalacións desde un punto zoosanitarios e de manexo dos animais están dimensionadas axeitadamente e cumpren os requisitos exisidos.
Por elo desde a concellería de Medio Ambiente que dirixe Xose Anxo Lodeiro, procedeuse a adecuar as instalacións e remitir a documentación técnica e administrativa que se presentará no rexistro da dirección xeral en próximas datas.
Desde o ano 2001, cando foi selado o vertedoiro de residuos sólidos urbanos a ceo aberto que tiña o Concello nos terreos cedidos pola comunidade de montes Rega dos Agros de Combarro, acordouse cos comuneiros a realización dunhas pequenas infraestructuras para albergar aos cans abandonados no municipio e comenzar a fomentar a súa adopción.
Co paso do tempo as instalacións foron ampliadas en sucesivas fases para albergar de forma axeitada a un maior número de animais, como consecuencia dun incremento no número de cans abandonados e recollidos dentro do término municipal.
Nos últimos anos, desde a Concellería de Medio Ambiente se levaron a cabo obras e inversións dentro da canceira coa finalidade de axeitar as instalacións á normativa, crear un ambiente axeitado para a estancia dos cans nas instalacións e fomentar as adopcións responsables dos cans, coa colaboración activa da Asociación de Amig@s da Canceira de Poio.
Na actualidade a canceira conta coas instalacións principais nos terreos da Comunidade de Montes de Combarro na Armada, e unhas instalacións auxiliares nos terreos municipais de A Seca onde se atopan a lavandería e un par de caniles para o manexo dos animais cando son recollidos e previo o seu ingreso na canceira.