Deteñen un garda civil natural de Pontevedra por un atraco nun restaurante de Ourense
Por Redacción
A Policía Nacional de Ourense detivo este luns un home de 47 natural de Pontevedra como presunto responsable dun delito de roubo con intimidación tras ser pillado in fraganti roubando nun restaurante da cidade das burgas armado con dous coitelos. O home é axente da Garda Civil de profesión e pertence a unha unidade de fóra de Galicia.
Segundo informou a Policía Nacional, o home foi arrestado sobre as 14.40 horas deste luns por axentes da Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaria Provincial de Ourense no restaurante La Romántica desta localidade.
O roubo que se lle atribúe ocorreu sobre as 14.25 horas. A Policía Nacional recibiu unha alerta para que se dirixira a un restaurante porque un individuo estaba a ameazar a dous dos camareiros cun coitelo de grandes dimensións nunha man e na outra unha navalla. Estaba dentro da barra e pedíalles que lle abrisen a caixa, xa que el non o conseguía.
Á súa chegada ao lugar, os policías observaron que o home tiña unha actitude ameazante e estaba armado, de modo que os axentes procederon a desaloxar aos clientes que se atopaban no interior. Cando o local estaba baleiro, estableceron unha conversación "tranquilizadora" pedíndolle que cambiase de actitude. Conseguiron que colocase o coitelo de 25 centímetros e a navalla encima do mostrador.
Ademais, o home baleirou os petos, quito a camiseta, deixando a súa torso espido e saíu de detrás da barra. Colocouse de xeonllos e coas mans entrelazadas sobre a súa caluga e nese momento engrilletárono e detivérono.