Os sindicatos apoian a proposta de relación de postos de traballo do goberno local de Marín
Por Redacción
Durante máis dun ano e medio a Concellería de Persoal de Marín estivo elaborando unha base para poder ir actualizando os complementos específicos do persoal municipal. A partida orzamentaria que fora consignada no orzamento de 2016 prevé unha continuidade para o deste ano. Segundo o goberno local, elaboraron un documento para posibilitar unha adaptación de todos os postos do persoal.
Segundo o contemplado exponse unha proposta de incremento dun 25% e un 15%. Estas porcentaxes cumprirían os límites establecidos para o complemento específico respecto ao orzamento no apartado dos gastos de persoal.
A proposta, segundo indica o goberno local, atópase apoiada por todos os sindicatos que así se situaron unanimente na mesa de negociación. No documento inclúese a denominación dos postos, os grupos de clasificación profesional, os corpos e escalas aos que estean adscritos, os sistemas de provisión dos postos e as retribucións complementarias.
Nesta relación recóllense os postos mellor valorados e os que requiren dunha adaptación necesaria para poder adaptarse a un estudo que sirva de base para a súa exposición pública unha vez que sexa aprobado polo pleno.
Na mesma Comisión Informativa de Facenda, Urbanismo e Persoal tratouse o estudo do proxecto de orzamentos 2017.