Os socialistas esixen a BNG e PP que "deixen de pelotear" coa cesión da estrada vella a Marín
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Socialista esixe ao BNG e ao Partido Popular "que deixen de pelotear coa cesión da estrada vella a Marín".
Nun comunicado, os socialistas critican o "cruce de acusacións" entre o goberno do BNG no concello e o goberno do PP na Xunta sobre a situación desta estrada "e mentres, a desesperación e o enfado dos veciños vai en aumento porque as solucións necesarias non chegan ni parece que vaian a chegar".
"Lores, Feijoo e Rueda parecen estar moi cómodos nesta situacion de peloteo que lles permite xustificar a falla de inversións para a mellora da estrada e do barrio de Mollabao", indica neste escrito o voceiro loal do PSOE, Tino Fernández.
Os socialistas acusan a nacionalistas e populares de levar anos "esquivando as súas responsabilidades" e lles insta a "buscar solucións" as necesidades do barrio de Mollabao.
Conclúe o PSOE local o seu comunicado dicindo que a estrada de Marín "debe ser humanizada sen escusas" e contar cun paseo peonil e para bicis "esquecendonos da aberración de pilotar sobre o mar para facer o mesmo que se pode facer na PO-546 seguramente con menor custe e con unha maior protección para os usuarios e un maior respecto polo medio ambiente", conclúen.