Veciños de Mollabao e o Concello analizan o proxecto para a reforma do barrio, pero sen concretar prazos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Representantes dos veciños de Mollabao que levan meses reclamando unha reforma integral do barrio reuníronse este venres co concelleiro responsable, Demetrio Gómez, para abordar o proxecto de mellora previsto polo Concello de Pontevedra para a zona. Tras o encontro, que ambas as partes definiron como satisfactorio, os portavoces veciñais lembraron que "lo único que queremos es la calidad urbana de la premiada Pontevedra".
Os veciños agradecen que "en principio, hay muy buenas intenciones por parte del concello", pero teñen un reproche, que "a día de hoy no nos han concretado plazos". Quéixanse, en concreto, de que o goberno municipal non se compromete a darlles prazos de execución das obras nin como está a solicitude de cesión do tramo da PO-546, a coñecida como estrada vella de Marín, que afecta o seu barrio. Tampouco lles dan prazos para a petición de cesión ao Concello dunha parcela de Costas afectada.
"Nosotros querríamos que se iniciasen las obras cuanto antes para tenerlas en un plazo de dos años terminadas, pero a día de hoy no tenemos ningún plazo", é a súa única crítica, que realiza en nome dos veciños Juan Sáenz.
Pola súa banda, Demetrio Gómez cualifica o encontro como "amigable". Estaba pensado para que os veciños "coñezan o que se vai facer" e volverá haber máis no futuro. Recoñece que o interese veciñal é "que se comece a obra canto antes".
Respecto diso, os veciños valoran que "cuanto antes empiece, antes acaba" e poderá "acabar con el abandono que tenemos". Teñen coñecemento de que a cesión de terreos de Costas é máis complicada que a que hai pedir á Xunta de Galicia para que parte da estrada pase a mans municipais e póidase actuar, de modo que trasladaron a Demetrio Gómez que se priorice a petición autonómica. A día de hoxe non teñen constancia de que se formalizara ningunha.
Sosteñen que "si se empezase por Rosalía de Castro, podríamos llegar al cruce con Licenciado Molina para hacer ya esa primera parte del proyecto" e avanzaríase moito nalgunhas das melloras que consideran prioritarias para o barrio. Unha delas, que quedaría xa solucionada tan só con poder actuar en Rosalía de Castro, é a mellora da accesibilidade, pois "hay gente en el barrio con problemas de movilidad y en algunas zonas tienen que salir a la carretera para poder ir con la silla de ruedas".
"Ese primer plano sería muy interesante atajarlo cuanto antes", sosteñen, e tamén piden outras medidas como construír unha gran praza baixo a ponte da autoestrada, que se arranxen as pistas deportivas existentes e gañar zonas de lecer.
Relacionadas:
-
Os veciños de Mollabao piden que os orzamentos de 2019 contemplen a reforma integral do barrio
Por Redacción |
-
A reforma de Mollavao, pendente de Costas tras aceptar a Xunta transferir a PO-546 ao Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de 'Mollabao SI' saen decepcionados da xuntanza co goberno local
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A asociación 'Mollabao Si' pide trasladar o circuíto de educación viaria para montar dúas pistas de pádel
Por Anxo Lourido |
-
A Deputación asumirá o trámite das obras de integración de Rosalía de Castro no traxecto urbano
Por Anxo Lourido |
-
Proxectan humanizar o primeiro tramo de Mollabao e crear unha nova conexión con Beiramar
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas esixen a BNG e PP que "deixen de pelotear" coa cesión da estrada vella a Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Da maleza ao cascallo e o abandono. Mollabao expón o seu día a día e reivindica unha reforma integral
Por Mónica Patxot |