Tempo inestable e chuvascos para pechar marzo
Por Redacción
Este luns espéranse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, que comezarán entrando polo oeste, segundo a información facilitada polo servizo de Meteogalicia. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, máis acusado nas mínimas situándose entre os 9 e os 15 graos. Os ventos soprarán do sur-suroeste, moderados.
O martes predominarán os ventos de compoñente sur que deixarán unha xornada de ceos nubrados na zona das Rías Baixas. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente establecéndose entre os 10 e os 18 graos.
Non se esperan cambios significativos para o mércores, con Galicia na influencia dos ventos de compoñente sur que permitirán a entrada de aire cálido desde o sur. Os ceos permanecerán parcialmente cubertos e as temperaturas ascenderán lixeiramente alternando entre os 11 e os 19 graos.
Xa o xoves 30, as Rías Baixas atoparanse baixo a influencia das baixas presións situadas ao noroeste ofrecendo unha fronte fría durante a tarde. Os ceos aparecerán parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto. A partir do mediodía irase cubrindo pola franxa atlántica e comezarán as choivas que durante a noite estenderanse a toda Galicia. As temperaturas situaranse entre os 12 e os 18 graos.