A Unión Federal de Policía convoca unha concentración ante a Subdelegación do Goberno
Por Oskar Viéitez
A Unión Federal de Policía (UFP) convocou para este martes día 28 unha concentración ante a Subdelegación do Goberno "en defensa da seguridade pública" e solicitando máis axentes da Policía Nacional para a provincia de Pontevedra.
O sindicato convocante asegura que se ven abocados a adoptar esta medida de protesta "despois de constatar que a reposición de policías non se contempla a curto prazo" e que "nin sequera é seguro o envío de axentes en prácticas".
Insisten en sinalar que equipos como as das comisarías de Marín e Vilagarcía "camiñan inexorablemente cara á súa práctica desaparición se esta situación non se remedia inmediatamente". Xa que é a Policía Local en moitos casos a que se ten que ir facendo cargo dos servizos ante a falta de efectivos dispoñibles
No caso da cidade de Pontevedra lembran que en moitas ocasións ten "dificultade ata para sacar un vehículo".
Os portavoces da UFP lembran que este tipo de carencias fai que se resinta "seriamente" a protección da seguridade cidadá "e xa é moi difícil realizar as tan necesarios labores de prevención".
"Toda a nosa provincia e a comunidade galega está nunha situación de falta de policías que non se coñecía desde hai máis de 20 anos", sinalan nun comunicado difundido pola UFP.
Ante esta situación con policías "sobrecargados de traballo", e cuns resultados, segundo as estatísticas "excelentes" este sindicato policial destaca que os axentes cobran menos que outras provincias españolas, polo que tamén esixen un complemento de territorialidade para os policías de Galicia.
Finalmente desde a UFP piden o apoio de toda a cidadanía nestas reivindicacións porque: "a seguridade de todos depende diso".
Relacionadas:
-
A subdelegada do Goberno en Pontevedra recibe a representantes do sindicato Unión Federal de Policía
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A falta de policías "ya se está notando en la prevención de la delincuencia"
Por Oskar Viéitez |
-
Os axentes de policía piden unha mellora da produtividade ante a diminución de delitos
Por Oskar Viéitez |
-
Acusan a Interior de "ningunear" ás comisarías de Pontevedra
Por Redacción |
-
Solicitan que a Policía Nacional en Vilagarcía sexa considerada "especie protexida"
Por Oskar Viéitez |