A APDR rexeita "rotundamente" unha planta de biomasa en Cerdedo-Cotobade
Por Oskar Viéitez
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) rexeita "rotundamente" a posibilidade de que o municipio de Cerdedo-Cotobade acolla unha planta de biomasa de 40 megawatts como a que Ence pretende levar a cabo, xa que "tan só beneficiaría aos intereses da empresa".
Os ecoloxistas sinalan que a queima de materia vexetal procedente de cultivos enerxéticos como o eucalipto para producir electricidade "non é nin unha forma ecolóxica de produción de enerxía nin unha alternativa de futuro e emprego" para a veciñanza.
Apoiandose en datos da propia Xunta de Galicia a APDR lembra que unha planta destas características "non cubriría nin de lonxe a súa demanda de materia vexetal" con residuos forestais, xa que necesitaría aportes continuados de material procedente de novos plantíos de cultivos como o eucalipto, con ciclos moi curtos de plantación-queima-plantación, e o "uso masivo de abonos e tratamentos químicos, que empobrecerían os solos e provocarían unha nova vaga de eucaliptización que ocuparía terreos gandeiros e agrícolas produtivos, imposibilitando outros aproveitamentos agora e no futuro".
Por iso, Defensa da Ría pregunta ao goberno municipal de CerdedoCotobade se "ese é o único futuro que pode ofrecer" xa que esa alternativa, segundo din, "reforzaría o desleixo e o abandono do rural para converter este territorio nun deserto verde" e impediría o desenvolvemento doutras alternativas económicas compatibles coa conservación do medio, do territorio e dos seus valores culturais e paisaxísticos, engaden.
Ademáis afirma a APDR que os graves incendios forestais do ano pasado en Cotobade "deberían facer reflexionar sobre un modelo forestal desfasado e curtopracista, en beneficio exclusivo dunha empresa como Ence".
Finalmente os ecoloxistas da Asociación pola Defensa da Ría subliñan que "esta é a liña que a Xunta do PP, ao ditado de Ence, quere impor para o rural galego". E apoian o seu argumento lembrando a derrogación do decreto que limitaba de potencia das plantas de biomasa.
Relacionadas:
-
Instan aos comuneiros de Cotobade a rozar a biomasa forestal para previr lumes
Por Redacción |
-
60 colectivos esixen "eucalipto cero, como en Europa"
Por Oskar Viéitez |
-
CC.OO. critica a falta de flexibilidade de Ence para buscar novas localizacións para a planta de biomasa
Por Redacción |
-
O Partido Popular e ENCE son protagonistas dun "vodevil moi malo", segundo Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera critica as "moi desafortunadas declaracións" de Nuñez Feijóo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Se o Concello non dá licenza a Ence para a planta de biomasa, a Xunta aprobará un plan sectorial
Por Alejandro Espiño |
-
Reaccións á proposta da planta de biomasa de Ence en Cerdedo-Cotobade: "É un mal chiste"
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade ofrece por carta a ENCE un terreo para instalar unha planta de biomasa
Por Natalia Puga |