Ponte Caldelas mellorará dez estradas danadas polo temporal
Por Redacción
A pista de titularidade municipal que une os lugares de Buchabade e San Vicente está a arranxarse cunha reparación de urxencia para resolver os problemas ocasionados polos últimos temporais. Esta estrada atópase con fochancas e o Concello de Ponte Caldelas enviou brigadas para asumir o arranxo.
É un dos traballos previsto dentro dunha decena de viarias municipais que se van arranxar dentro do programa de reparacións.
Segundo o goberno local que encabeza Andrés Díaz, estas obras teñen que ser asumidas polo Concello ao carecer da mesma colaboración económica da que dispoñen outros municipios por parte da Xunta de Galicia, unha parte deles serán obxecto dun asfaltado integral e, no resto, cubriranse os ocos que apareceron no firme.
O Concello xa arranxou os danos producidos durante os últimos temporais sobre a rede da iluminación pública, ademais de ter recollido centos de árbores que caeron pola forza do vento, agás un exemplar de gran tamaño que se había caido contra a ponte do río Verdugo.
A retirada é responsabilidade de Augas de Galicia, con todo o Concello indica que foron os operarios municipais os que tiveron que retirar as ramas máis perigosas.
Relacionadas:
-
Corrixen as filtracións de pluviais no paseo polo río Verdugo
Por Redacción |
-
Pídenlle a Augas de Galicia que retire as árbores caídas no río Verdugo
Por Oskar Viéitez |
-
Andrés Díaz reclama a Feijóo "normalizar" as relacións institucionais con Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O PP acusa ao alcalde de Ponte Caldelas de tratar de enganar aos veciños coas axudas dos temporais
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas rexistrou máis de 50 incidencias durante os temporais de vento e choiva
Por Redacción |