Enredada entre fíos, gañadora do concurso de fotografía da muller traballadora no Grove
Por Redacción
Unha fotografía de Sonia Pita Formoso, titulada Enredada entre fíos, foi a gañadora do sexto concurso de fotografía da muller traballadora, certame que convoca anualmente o Concello do Grove.
Seu é o premio, de 300 euros. A imaxe representa a unha redeira en pleno traballo.
O segundo premio, dotado con 200 euros, é para O tempo entre costuras de Marcos Otero Piñeiro, que recolle neste caso o traballo das costureiras; e o terceiro premio, de 100 euros, foi para a imaxe titulada Escollendo fabas de Juan Quintia Valencia.
O xurado, conformado por membros do Consello Local de Igualdade, fotógrafas e xornalistas, destacou o alto nivel de calidade dos traballos presentados nesta edición, que consolida xa este premio de fotografía como un certame de referencia.
Este concurso serve para destacar o traballo feminino, coincidindo coa celebración do día 8 de marzo, Día da Muller.