Unha garda civil de Pontevedra denuncia a un superior por malos tratos e vexacións
Por Redacción
Unha axente da Garda Civil de Pontevedra formalizou unha denuncia contra un mando da Comandancia ao que atribúe situacións de malos tratos e vexacións e un xulgado pontevedrés acaba de abrir dilixencias para investigar o caso.
A apertura de dilixencias xudiciais confirmouna este venres a asociación profesional Independentes da Garda Civil (IGC), da que é socia a presunta vítima. Ao estar o tema xudicializado, desde a Comandancia de Pontevedran rexeitaron realizar valoracións, pero si quixeron concretar que de momento non existe ningún cargo procesual nin contra o cargo da Garda Civil en cuestión nin contra outras persoas ás que a denunciante cita nas súas acusacións.
A denunciante está adscrita á Policía Xudicial de Pontevedra, aínda que está de baixa laboral por motivos psicolóxicos vinculados cos feitos denunciados, e que se remontan xa ao ano 2014. A muller asegura que foi vítima de acoso laboral como consecuencia do suposto "trato degradante" recibido por un alto mando da Comandancia e superior directo seu.
O asunto chegou ao xulgado a través dunha denuncia dos avogados José Manuel López Lorenzo e Ana Cardero Cid, que explican que a presunta vítima conta con seis informes médicos e un acta do Tribunal Médico Militar de Galicia que "acreditan os padecimientos e lesións" que sufriu como consecuencia dos "sucesivos episodios" vividos polo "suposto maltrato e vexacións".
Segundo explican, menoscabou " gravemente a súa integridade moral" con "reiterados" actos hostís ou humillantes nos que se valía da súa "relación de superioridade". Ademais, aseguran que outro mando da Comandancia ao que a denunciante pediu axuda non respondeu á petición e respondeulle que o presunto acosador "é moi exquisito e se quere que o chames continuamente, pois chámao, ata cando vaias a cagar".
Na denuncia que difundiu a IGC asegúrase que existen varias testemuñas que presenciaron como o mando en cuestión dicíalle expresións como "se teño que coller a normativa, vou a putear coas quendas", "para o que vales, eu creo que gañaría máis se non te mandasen para aquí", "esta tía é imbécil", "non fas nada, non serves para nada", "es unha vividora que te pasas o día rascándoa" ou "es unha puta garda de merda que non vales para nada".
Era, segundo os avogados da denunciante, "un sen vivir e control extremo diario" que en setembro de 2014 levouna a visitar ao psicólogo da Comandancia. Desde entón está de baixa e os seus letrados indican que "se presume que pasase á situación de retirada por este tipo de enfermidade e as secuelas irreversibles que padece".