Relata ante o xuíz "desde que a mi bebé le subió la fiebre hasta que denuncié porque no hacían autopsia"
Por Redacción
Patricio Fernández Tejera declarou este xoves durante máis dunha hora e media ante o titular do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra. Unha declaración longa solicitada polo propio xuíz na que el explicou "todo muy detalladamente" e ratificou a denuncia presentada no mes de outubro despois de que o seu bebé de once meses falecese no Hospital Provincial, segundo el, pola mala asistencia sanitaria que recibiu.
"Tardé bastante porque fue un relato completo, desde que a mi hijo le empezó a subir la fiebre a las cuatro de la tarde del 14 de octubre hasta que murió a las cuatro de la mañana y luego tuve que denunciar porque no le hacían la autopsia y el miércoles 17 de octubre nos llamó el médico de cabecera para decirnos que había sido una sepsis", explicou a PontevedraViva tras saír de prestar declaración.
O home foi chamado polo xuíz para que ratificase a súa denuncia por homicidio por imprudencia presentada contra o facultativo de garda que atendeu ao seu pequeno. El aproveitou para "repetir con todos los detalles lo que sucedió, desde que el bebé estaba bien hasta el final. La subida de fiebre empezó a las cuatro de la tarde y murió a las cuatro de la mañana, pero todo fue mucho más completo porque conté cómo le dieron el alta a las seis y media de la tarde y luego tuvimos que volver a Urgencias".
Segundo indicou, a súa declaración realizouse no despacho do xuíz en presenza do seu avogado e o maxistrado fíxolle"preguntas muy concretas de todo lo que pasó". El quixo insistir en que "ya se sabía que había sido una sepsis, pero lo que hicieron fue ocultar el proceso por si nosotros no pedíamos la autopsia y la muerte pasaba de largo. Cuando se muere un bebé en un un hospital siempre tienen que hacerle la autopsia, pero no se la hacían, yo me enteré y presenté denuncia porque lo necesitaba para que se la hiciesen, fue unas seis horas después".
A autopsia solicitada por orde xudicial ao cadáver de Simón despois de recibir a alta no Hospital Provincial de Pontevedra revelou que morreu por "un shock séptico coa coagulación intravascular diseminada".
As definicións médicas de sepse descríbena como unha enfermidade na que o corpo ten unha resposta grave a bacterias ou outros microorganismos que se pode denominar síndrome de resposta inflamatoria sistémica (SRIS). Sobre a base desta definición, e ao resultado da autopsia, a familia reafírmase no seu covicción de que se o bebé tivese sido sometido a máis probas médicas quizais se tivese evitado o fatal desenlace.
Ante tal situación, decidiron pedir ao Xulgado que leva o caso que cite a declarar como imputado ao médico que atendeu ao neno en Urxencias durante a súa primeira visita, cando lle deu a alta asegurando aos seus pais que tiña unha infección vírica. Horas mais tardes, o bebé empeorou, os seus pais volveron levalo ao Provincial e finalmente faleceu.
Relacionadas:
-
Un informe forense nega que a morte dun bebé no Provincial fora por unha neglixencia médica
Por Alejandro Espiño |
-
O pai do bebé falecido no Provincial comparece por primeira vez no xulgado
Por Redacción |
-
Patricio Fernández, pai do bebé falecido no Hospital: "Llevar un hijo con fiebre a Urgencias del Hospital es jugar a la ruleta rusa"
Por Anxo Lourido |