O pai do bebé falecido no Provincial comparece por primeira vez no xulgado
Por Redacción
Patricio Fernández Tejera, pai do bebé de once meses falecido no Hospital Provincial no mes de outubro, acudirá o próximo xoves 7 de marzo ao Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra para ratificar a denuncia presentada no seu día pola mala asistencia sanitaria que se prestou ao seu fillo.
A comparecencia de Patricio Fernández esta sinalada para as 12.30 horas e, segundo confirmou o propio implicado, será a primeira vez que teña oportunidade de ratificar ante un xuíz a denuncia por homicidio por imprudencia presentada no seu día no Xulgado de Garda.
Patricio Fernández confirmou a PontevedraViva que repetirá os feitos acontecidos aquel 14 de outubro horas e ratificará as mesmas críticas contra o facultativo de garda que atendeu ao seu fillo e que lle deu a alta a pesar de estado de saúde do bebé, que, segundo a autopsia, faleceu horas despois de saír de Urxencias por "un shock séptico con la coagulación intravascular diseminada".
A morte de Simón, o fillo de Patricio Fernández, debeuse, segundo os seus familiares, a un erro humano involuntario. Catro meses e medio despois, o pai reafírmase na mala praxe do médico que lle atendeu en Urxencias e pon como exemplo que ese mesmo domingo, ás 10.00 horas da mañá, unha nena veciña de Marín foi vítima dunha mala atención por parte deste mesmo facultativo, aínda que"en su caso, fue a Montecelo y la salvaron".
Relacionadas:
-
Relata ante o xuíz "desde que a mi bebé le subió la fiebre hasta que denuncié porque no hacían autopsia"
Por Redacción |
-
O bebé falecido no Hospital Provincial sufriu un shock séptico
Por Redacción |
-
Patricio Fernández, pai do bebé falecido no Hospital: "Llevar un hijo con fiebre a Urgencias del Hospital es jugar a la ruleta rusa"
Por Anxo Lourido |
-
Denuncian a morte dun bebé tras ser atendido no Hospital Provincial
Por Redacción |