Marín adhírese ao programa de vivendas baleiras da FEMP
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
O Concello de Marín acábase de adherir ao Programa de Vivendas Baleiras da Federación de Municipios e Provincias (FEMP).
A concellería de Urbanismo e Facenda que dirixe Manuel Santos xestionou este acordo que busca crear unha bolsa de vivendas que se atopan baleiras para destinalas a aluguer social.
Marín poderá mobilizar inmobles desocupados para dedicalos a aluguer a un prezo taxado para persoas e familias con dificultades para acceder á vivenda. A Xunta proporciona a estas vivendas un seguro multirrisco e outro de garantía de cobros para os propietarios que, neste caso, inclúe asistencia xurídica.
O plan de vivendas baleiras é unha das doce medidas que a Xunta programou coa fin de garantir o acceso á vivenda e tamén de evitar que as familias perdan o seu fogar. Entre estas propostas figuran a dación en pago das vivendas protexidas ou o reacollo das persoas afectadas por execucións hipotecarias.
O convenio vai dirixido a aqueles colectivos que presentan maiores riscos de vulnerabilidade de acordo ás súas circunstancias familiares, persoais ou sociais.
Os grupos municipais foron informados destes extremos na sesión ordinaria da Comisión Informativa de Urbanismo e Facenda celebrada este martes.