Estudantes pontevedreses e franceses colaboran nun proxecto sobre benestar
Por Redacción & Mónica Patxot
Un total de 33 alumnos e sete docentes do IES Valle Inclán de Pontevedra e do Lycée Felix Faure de Beauvais (Francia) están a colaborar nun proxecto sobre benestar titulado YES!: Young Europeans in Sports, unha iniciativa do programa K2 Erasmus Plus.
O obxectivo deste programa é avanzar no benestar dos mozos, grazas á práctica dunha actividade física ou deportiva regular e voluntaria, a unha alimentación variada e equilibrada e a unha boa xestión da tensión.
Así, o proxecto desenvolve actividades semanais con deportistas de diferentes especialidades para dar a coñecer esas disciplinas aos alumnos, colaboran en carreiras solidarias e eventos que teñan como finalidade o benestar físico ou psíquico e participan en talleres de alimentación sa e consumo responsable.
Durante esta semana, 16 alumnos de primeiro de Bacharelato do instituto francés, acompañados de tres profesoras, estarán de visita en Pontevedra participando en varias das iniciativas deste programa. Pero o seu primeiro acto foi unha recepción oficial no Concello de Pontevedra, a cargo das concelleiras Carme da Silva e Anabel Gulías.
Entre outras actividades, estes mozos asistirán a visitas guiadas, talleres de pádel, ioga ou loita olímpica. O prato forte será o mércores, día no que acudirán ao Carlos Oroza para participar nun taller de nutrición e alimentación. Terán ademais encontros con deportistas como Adrián Esperón, Jean Marie Okutu, Xián Silva, Lydia Pérez ou Frank Casañas.
Ademais, haberá unha xincana deportiva que pretende que coñezan un pouco máis en profundidade e dunha maneira máis lúdica a cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Estudaches no Valle Inclán e fixeches o Erasmus? Queren localizarte
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Estudantes do IES Valle Inclán corren contra a fame
Por Mónica Patxot |
-
RADIO.- Mozos europeos, deportistas, desestresados e solidarios
Por Marisa Ciordia |
-
Conexión científico-tecnolóxica entre o IES Sánchez Cantón e o Alton Convent School
Por Redacción |
-
A Italia e Reino Unido de "prácticas" co programa Erasmus+ da Deputación
Por Redacción |
-
Mozos de catro centros de FP de Pontevedra farán prácticas laborais en Europa
Por Redacción |
-
Voluntarios europeos converten Noites Abertas nun evento internacional