Portas prepárase para a celebración da romaría de San Blas de Briallos
Por Redacción
O venres 3 de febreiro celébrase a romaría de San Blas de Briallos con diferentes actividades nesta localidade de Portas.
Ao longo da xornada celebraranse misas rezadas e cantadas ás 09.00, 10.00, 11.00, 12.00, 17.00 e 18.00 horas. Tras esta última misa, iniciarase a procesión de velas ata o lugar de Bouza de San Blas.
Como é tradicional na parroquia de Briallos se ungirán as gargantas dos devotos con aceite bendito. O sacerdote cunha vela mollada en aceite fará a cruz no pescozo dos fieis para previr as enfermidades relacionadas con esta parte do corpo.
Tamén se poderán adquirir os tradicionais "fanchucos" benditos de San Blas, unhas pezas de pan con forma entrelazada, que se poñerán en disposición dos fieis durante toda a xornada ao termo de cada acto litúrxico. Estas pezas de pan son "milagreiras" contra os males da boca e da garganta. Teñen a propiedade de non apodrecer co paso do tempo.