Marín prepara o 8 de marzo
Por Oskar Viéitez
As mestras da escola, as traballadoras do campo ou a corresponsabilidade no fogar foron os protagonistas dos actos que cada 8 de marzo celebra o Concello de Marín con motivo do Día Internacional da Muller.
Este luns reuniuse o Consello da Muller para organizar esta conmemoración que inclúe unha homenaxe pública e posta en valor dalgún colectivo feminino do municipio, ademais do propio acto institucional que ten lugar na Praza 8 de Marzo.
Ademais, o equipo que dirixe a concelleira Marián Sanmartín diríxese especialmente aos centros educativos que son o obxectivo do traballo do persoal técnico do Centro de Información á Muller.
Evidentemente o Concello de Marín achega a esta xornada un marcado ton reivindicativo, por exemplo, denunciando a situación da muller no mercado laboral.