Días para "quedarse pajarito"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Fai frío, pero tampouco parece unha cousa tan esaxerada como se anunciou, polo menos nas Rías Baixas.
Os meteorólogos avisan que a partir do venres poderán subir as máximas. Aínda que o nordés encargarase de que a sensación térmica de frío sexa bastante acusada. Con este panorama só queda abrigarse.
A culpa de todo isto, segundo Meteogalicia, tena o anticiclón dos Azores, que ao desplazarse un pouco máis ao norte das illas británicas permitiu o paso dunha masa de aire frío procedente de Siberia.
Na provincia de Pontevedra o récord levouno a serra do Faro, cunha mínima de -3,2 graos polo que os termómetros da rúa Benito Corbal cos seus xélidos -4 graos deste xoves non deixan de ser unha anécdota. Oficialmente, a cidade quedou en mínimas de tres graos, segundo Meteogalicia.
De novo o principal problema na provincia serán as xeadas. A neve continuará sen chegar a Galicia polo menos durante uns días.
A factura eléctrica conseguirá o que non puido o tempo: deixarnos xeados. Uns prezos de récord por culpa, din os expertos, da escaseza de renovables, o parón nuclear en Francia, e a alza do petróleo e da demanda.