Vai buscando a bufanda, esta semana fará moito frío
Por Redacción
Este luns arranca coas altas presións localizadas ao norte da península ibérica e a chegada de aire frío e húmido. Brillará o sol, xa que o ceo estará despexado nas Rías Baixas e algo máis nubrado no norte, con néboas persistentes no interior.
Segundo apunta Meteogalicia, esta situación repítese o martes. Pero para o mércores, achegarase a Galicia unha masa de aire fría e seca. Con esta situación, espéranse ceos despexados en xeral ao estar a comunidade baixo a influencia das altas presións.
O vento do nordés contribuirá a un descenso das temperaturas, con xeadas xeneralizadas en zonas de interior e sensación térmica de frío.
Na previsión apúntase unha temperatura mínima de 4 graos para Pontevedra e unha máxima de 11. Xa saben, a por o gorro, as luvas e a bufanda.