Sanxenxo celebrará o luns o pleno monográfico pedido polo PP sobre o regulamento
Por Oskar Viéitez
A corporación municipal de Sanxenxo celebrará o vindeiro luns a sesión extraordinaria do pleno solicitado por cinco concelleiros do Partido Popular para derrogar o regulamento orgánico municipal.
Para que a proposición popular salga adiante terá que contar con polo menos nove votos favorables.
Por outra banda o principal grupo da oposición en Sanxenxo urxe ao goberno tripartito a iniciar as conversacións para aprobar os orzamentos. A idea do goberno local, segundo os populares, é iniciar as conversacións co resto de partidos políticos nese mes, "cando coñeza os datos do peche de 2016".
Desde o PP sinalan que isto demostra unha nula predisposición ao diálogo e lembran que este exercicio o tripartito "terá que aprobar os orzamentos no pleno debido a unha sentenza do Tribunal Constitucional".
Finalmente advirten desde o PP que a actitude do tripartito e o concelleiro de Facenda "non son bos sinais", polo que avisan que "eles verán o que fan".