Volve Edugal, o maior salón da oferta educativa da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Por Redacción
Superar as cifras do pasado ano: 8.500 asistentes e 42 expositores de España, Portugal e Irlanda. ÿ o principal obxectivo do II Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) que se celebrará entre o 12 e o 14 de abril, no Recinto Feiral de Pontevedra. Trátase, din os seus organizadores, do maior salón da oferta educativa da eurorregión Galicia-Norte de Portugal.
Edugal 2013 pretende ser un punto de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas. Por iso, vai dirixido fundamentalmente ao alumnado a partir de 4ª da ESO, Bacherelato e FP; aos orientadores, pais e nais de alumnos, formadores para o emprego, empresas e profesorado.
Así mesmo, Edugal tamén se dirixe aos desempregados, un sector formado por persoas que están volvendo masivamente ás aulas co obxectivo de mellorar a súa formación de cara a reincorporarse a un mercado laboral cada vez máis esixente.
Os stands informativos incluirán universidades galegas e nacionais, institutos de Formación Profesional, entidades especializadas na aprendizaxe de idiomas, a formación militar, a mobilidade (con especial atención na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal), as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino e a aprendizaxe (e-learning) e información sobre becas, webs especializadas e portais de emprego.
Ademais, o día 14 de abril levaranse a cabo nas instalacións de Edugal as semifinais e finais do concurso escolar "Olimpiadas do Recreo", orientado a centros de ensino primario de Pontevedra.
Paralelamente ao área de expositores, desenvolverase FormaEdugal. Trátase dun programa de actividades formativas relacionadas coa feira como seminarios orientativos, coloquios, debates e exhibicións de oficios a cargo de institutos de FP. Así, os asistentes poderán presenciar unha master class de cociña, un desfile de moda ou como se traballa nun taller de carpintería, barbaría ou automoción.
Relacionadas:
-
Edugal, o Salón de oferta de Educación, chega coa intención de potenciar a formación dual
Por Redacción |
-
Xesús Vázquez defende a necesidade dunha nova lei educativa porque "o sistema non ven funcionando"
Por Natalia Puga |
-
A educación no diván
Por Redacción |
-
Orientación profesional para estudantes en Edugal
Por Oskar Viéitez |