Prealerta por seca en pleno inverno
Por Oskar Viéitez
A Xunta activou este xoves a prealerta pola seca.
A situación é preocupante xa que os encoros galegos atópanse un 11% por baixo do caudal habitual para esta época do ano, igualmente é baixo o nivel detectado en ríos e acuíferos, o que apunta a unha primavera con problemas.
A decisión foi tomada esta mañá polo Consello da Xunta, segundo anunciou o seu presidente Alberto Núñez Feijóo, e consiste nun seguimento da situación máis intenso antes de elevar o listón de alarma.
O goberno galego pediu ás industrias, administracións e cidadáns facer "un uso responsable da auga".