O Goberno deixa en mans da Xunta o futuro de ENCE: "Su informe será determinante"
Por Redacción
O secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos de Armas referiuse este luns ao futuro da factoría de Ence en Lourizán. Puxo o balón en mans da Xunta de Galicia ao indicar que o informe ambiental que elabore "será determinante", aínda que matiza que a decisión final en canto ao título concesional corresponde á Administración Xeral do Estado.
Na súa comparecencia na Comisión de Medio e Cambio Climático do Senado, recollida pola axencia Europa Press, Ramos de Armas recordou que "la autorización es competencia de las Comunidades Autónomas otorgando títulos concesionales", xa que o Ministerio de Medio Ambiente "no es el competente" neste caso para decidir o traslado de "ningún tipo de industria".
O secretario de Estado ofreceu "toda la colaboración que sea necesaria con la Xunta de Galicia"en relación con este asunto e explicou que a colaboración ten que ter como obxectivo manter a actividade económica e os postos de traballo asegurando a súa compatibilidade coa protección do litoral.
As declaracións de Ramos de Armas responden a unha pregunta do senador do PSOE Miguel Fidalgo Areda na que o socialista insistiu en que a situación da ría de Pontevedra está afectada pola contaminación e isto afecta á súa posibilidade de comercio e turismo da cidade.
O socialista recordou ao Senado a unanimidade do Parlamento de Galicia en pro do traslado da planta de Ence da súa situación actual en Lourizán e criticou que na modificación da Lei de Costas hai artigos nos que parece que o goberno deu "marcha atrás".
Atribúe o Goberno central do PP que "impulsó cambios" para que o informe ambiental da Xunta "no sea decisivo", ao tempo que lle reprocha "ambigüedad" ante esta situación "grave" e da que hai "mucha sensibilización en Galicia" e lle pide unha "posición clara y nítida".