Preto de 8.000 firmas piden unha ambulancia asistencial con base en Cerdedo
Por Redacción
Preto de 8.000 firmas piden unha ambulancia asistencia con base en Cerdedo. Os veciños insisten este 2017 na necesidade de dotar ao concello dun equipo de emerxencias propio, dada a gran distancia das bases do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e dos Bombeiros de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, que son os encargados de auxiliar a quen o necesite neste tipo de urxencias.
A través da plataforma dixital Change.org está activa unha recollida de firmas para demandar un grupo de servizos de extinción propio, así como unha ambulancia asistencial para o Punto de Atención Continuada (PAC) de Cerdedo.
A fusión co municipio de Cotobade non afecta a esta campaña.
Na xustificación desta petición sinalan que os actuais tempos de resposta son excesivos, afastándose das isocronas de 20 minutos que como media marca o radio de actuación e que en Cerdedo superan os 45 minutos de espera.
O PAC cerdedense suma ao redor de mil servizos ao ano na súa área de influencia.